Andresadas |
![]() http://andresito_gal.blogia.com Benvidos ó web blog de Andrés Rozados Lorenzo, alumno da facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación ( estudando, ou intentándoo , Publicidade e Relacións Públicas) en Pontevedra. Neste blog quero expresar a miña opinión con total sinceridade e liberdade sobre temas de onte, de hoxe e de mañá. Ofrecervos todas aquelas pequenas cousas que nos alegran, e tamén entristecen, na nosa vida.
|
|
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Marzo de 2006.
Non sei o que pensades todos vós, pero eu creo que a cerimonia de entrega dos Óscar xa non é o que era... Como vai ser favorita Brokeback Mountain? Algún de vós a viu? Sinceramente, non perdades o tempo... A película no canto de tratar a dura vida dos vaqueiros, trata do suposto "amor" entre dous deles, e máis que parecer un filme romántico, parece un anuncio de Marlboro... Boeno, polo menos a fotografía é boa, diso non se pode un queixar... Como podedes ver na parte superior do blogue, hai unha enquisa para que elixades a vosa película favorita (dentro das candidatas) para optar ó galardón coma millor película, todo por cortesía de interrogantes.com... O único voto existente é o meu... Aínda que non a vin enteira, Munich parece ser a millor película das nominadas, aínda que trala polémica servida pola descrición que Spielberg fixo dos acontecementos, é pouco probable que esta peli leve o premio... Vós opinade, digan cal é a preferida... Todos temos un camiño que percorrer... Unha longa milla verde. Un camiño no que deixaremos a grandes amigos, ou eles nos deixarán a nós... Unha distancia efímera, pero difícir de andar. Un chan cheo de baches e buratos que nos obstaculizarán nas nosas metas. Cando estemos, nas nosas gaiolas, pechados, sen ningunha saída, soamente cos nosos pensamentos... Entón saberemos como saír dalí para camiñar a eito na milla. Sen presa pero sen pausa. A modiño, pisando no solo coitados. Sen apresurarse. A dozura con que cada un dos teus pés pouse o chan fará que a distancia se che faga máis placentera, menos sórdida... Paseniño. Un longo paso, e logo outro curto. Dous pasos seguidos e logo un fin o que hai que chegar... Estará alguén esperando ó final do camiño? Se cadra deberiamos pensar naqueles que si estan agardando por nós durante o traxecto. Apoiarnos neles, querélos, amálos ... Buscar os nosos Mr. Jingles... e tamén compartilo. Talvez, cheguemos a Vilarato, e, senón, facer que a nosa milla verde se pareza a Vilarato o máis posible. Na parte de enlaces, tedes a canción para poder escoitala (reproductor Castpost). A segunda Todos coñecemos a famosísima canción dos Gipsykings, Volare, cantare... Pero... como é a letra? Algún de vós teñen unha idea? Este simpatiquísimo karaoke fará que bailades, cantades e reiades con esta mítica canción... É obrighatorio ter isto no seu op... A desfrutar!... (Isto é ghrasias a Chus...) Clica aquí para descargar esta canción popular alemana: Soldier boy Esta fermosa muller que vedes na imaxe, é Susanne Christian, actriz dalgunhas películas alemanas. En 1957, coñeceu a Stanley Kubrick, durante a rodaxe de Senderos de gloria. Casaron o ano seguinte. Este fotograma, mostra o que para min (na miña escasa sabedoría de cinema) é unha das millores escenas da gran pantalla. Esta xove alemana atópase rodeada de soldados que se mofan dela... Cando empeza a cantar unha dulce canción en alemán, os soldados van quedando abraiados co tema, e calan estupefactos, centrando a súa mirada cara a rapaza... Un soldado comeza a tararear a melodía da canción. Todos lle seguen. Deste xeito, mostráse como a dulzura e a melancolía poden superar á intolerancia e a brutalidade humana que, ás veces, aparece sen avisar.. Descarga aquí a canción de Toquinho En los mapas del cielo |
Blog creado con Blogia.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras